Evacuado un veciño da Estrada tras producirse un incendio na súa vivenda

Tamén se produciu un lume nun garaxe en Narón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2023 | Actualizada ás 20:57

Comparte esta noticia

Un veciño da localidade pontevedresa da Estrada tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios con síntomas de intoxicación por inhalación de fume e tamén con algunhas queimaduras nun brazo tras producirse un incendio na súa vivenda, situada no número 70 da rúa San Paio.

Segundo trasladou o 112 Galicia, os feitos ocorreron as 16,40 horas. Nese momento, os efectivos do GES da Estrada alertaron ao 112 da situación. Así, os xestores do 112, deron aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Silleda e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tras a súa intervención, os bombeiros indicaron que ardeu un sofá por completo e que a estancia quedou afectada o fume.

INCENDIO GARAXE NARÓN

Por outra banda, o 112 Galicia tamén mobilizou aos servizos de emerxencia para intervir nun incendio nun garaxe situado na Estrada de Castela, no municipio coruñés de Narón. Debido a este lume, orixinado sobre as 12,30 horas, veciños de tres do catro portais do edificio tiveron que ser desaloxados por precaución. Ademais, o resto de inquilinos recibiron a recomendación por parte do equipo de extinción de permanecer no interior das súas vivendas ata o final da intervención.

Segundo a información facilitada ao 112 polos equipos de emerxencias que acudiron ao lugar, un coche quedou calcinado por completo. Ata o lugar acudiron alertados polos xestores da central de emerxencias os Bombeiros de Narón, axentes da Policía Local e Nacional e efectivos de Protección Civil. Unha vez finalizada a intervención e tras extinguir o incendio, os veciños das vivendas desaloxadas puideron volver ás súas casas con normalidade.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta