Resctada tras quedar ao bordo dun desnivel nun accidente no Páramo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Unha condutora foi rescatada á primeira hora da mañá deste venres no termo municipal do Páramo ao quedar ao bordo dun desnivel despois de sufrir unha saída de vía cando circulaba pola estrada LU-4320.

Segundo informaron o CIAE 112 Galicia e Garda Civil, o sinistro tivo lugar ás 06,40 horas deste venres no lugar de Armada, onde a condutora perdeu o control do seu vehículo e saíuse da estrada pola marxe esquerda. O coche quedou en perigo de caer por un desnivel, polo que os servizos de emerxencia tiveron que asegurar as condicións do vehículo para poder sacar con seguridade á única ocupante do mesmo.

Unha vez fora do coche, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 atenderon e trasladaron á condutora do coche sinistrado.

CONDUTOR FERIDO EN FENE

Ademais, outro accidente de circulación rexistrado ao amencer deste venres deixou un home ferido na AP-9 ao seu paso por Fene. O sinistro produciuse ás 07,00 horas e tivo como implicados un camión que transportaba madeira e un turismo, cuxo condutor tivo que recibir asistencia sanitaria.

Vehículo que se saíu da vía e precipitouse por un desnivel
Vehículo que se saíu da vía e precipitouse por un desnivel | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta