Ferida unha persoa ao caerlle encima unha árbore na Estrada

Por outra banda, os Bombeiros liberaron este venres a un home que caeu ao interior dun pozo en Ribeira

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida de consideración na tarde deste venres ao caerlle encima unha árbore nunha leira da localidade pontevedresa da Estrada.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

En concreto, segundo a información facilitada polo CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco despois das 18,00 horas no lugar de O Cruceiro, na parroquia de Arca. Ata a zona desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 para asistir ao ferido, así como persoal de Garda Civil para prestar apoio.

POZO DE RIBEIRA

Por outra banda, os Bombeiros liberaron este venres a un home que caeu ao interior dun pozo en Ribeira, aínda que sen sufrir danos persoais. A vítima atopábase limpando un pozo situado nunha leira do lugar de Seco, en Artes, cando se precipitou ao interior. Pasou tres horas alí ata que un particular escoitouno pedir axuda e contactou co 112 sobre as 18,30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta