O exalcalde de Moeche, Xulio Cribeiro, será o candidato do PP en Cedeira

Nunha nota de prensa, os populares destacaron que Cribeiro "coñece á perfección as responsabilidades que ten afrontar o reto de liderar o Partido Popular de Cedeira".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2023 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña,encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, avalou este sábado a Xulio Cribeiro, que xa foi alcalde de Moeche, como candidato dos populares no Concello de Cedeira nas municipais do próximo mes maio. Nunha nota de prensa, os populares destacaron que Cribeiro "coñece á perfección as responsabilidades que ten afrontar o reto de liderar o Partido Popular de Cedeira".

Para o PP da Coruña, a chegada de Cribeiro supón o inicio de "unha nova etapa" na formación local tras o anuncio de Luís Rubido de abandonar a primeira liña municipal. "Creo que chegou o momento de ser valente, de dar un paso á fronte e porse ao choio para ofrecer aos veciños de Cedeira un proxecto que ilusione para o futuro", indicou o novo cabeza de lista.

Julio Cribeiro con Alberto Núñez Feijóo
Julio Cribeiro con Alberto Núñez Feijóo | Fonte: twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta