Extinguido un incendio forestal rexistrado en Lobios que tamén afectou ao parque do Xurés

En total arderon 2,4 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | Xurés | 19/02/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Lobios, en concreto, na parroquia de Araúxo, que afectou a un total de 2,4 hectáreas. Delas, 1,9 do Parque Natural do Xurés.

Un incendio Baixa Limia e Serra do Xurés 2022 /  Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press
Un incendio Baixa Limia e Serra do Xurés 2022 / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press

Segundo informou a Xunta, o lume quedou extinguido ás 03,30 horas da madrugada deste domingo tras iniciarse ás 01,20 horas. Así, o incendio afectou maiormente a superficie de monte raso (1,5 hectáreas) e o resto de arborado (0,4). Na extinción deste incendio participaron un total de catro brigadas tres motobombas e un axente.

A Xunta lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta