A folga de letrados provoca o aprazamento dun xuízo por tráfico de drogas

Os acusados compraban e vendían estupefacientes en Ourense

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 22/02/2023 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A folga de Letrados da Administración de Xustiza obrigou a suspender o xuízo contra tres persoas acusadas dun delito contra a saúde pública por supostamente participar en compravenda de sustancias estupefacientes en Ourense.

A vista estaba prevista que levase a cabo na Audiencia Provincial de Ourense na mañá deste mércores, pero tivo que ser aprazada sen nova data. O Ministerio Fiscal solicita unha pena para cada un dos acusados de catro anos de cárcere e unha multa de 8.720,031 euros, con responsabilidade persoal de catro meses de prisión.

Todo iso porque, segundo recollen no seu escrito, os tres acusados --dous mantiñan unha relación e o terceiro era fillo dun deles-- compraban e vendían distintas sustancias estupefacientes en Ourense. O modus operandi consistía en concertar unha cita telefónica co comprador e logo desprazarse ata o lugar para a entrega da sustancia.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Arquivo

PILLADO "IN FRAGANTI"

En concreto, o Ministerio Público sostén que o 7 de maio do 2021 o acusado circulaba nun patinete eléctrico e, ao decatarse da presenza policial, tirou un obxecto ao chan cando se lle daba o alto; intervíndoselle dous envoltorios de plástico, un con cocaína e outro haxix.

Así mesmo, os axentes comprobaron que a outra acusada, compañeira do anterior, era a encargada de tomar as decisións en canto a adquisición e distribución e que, por último, o terceiro acusado era o encargado de prover as sustancias.

Por todo iso, realizáronse rexistros nos domicilios do tres detidos. No da parella incautaron un paquete de cincuenta bolsitas pequenas, numerosas bolsas herméticas, 4.495 euros, básculas de precisión, unha bolsa con cocaína cun peso aproximado de 8,89 gramos e diversas bolsas de plástico.

No domicilio do terceiro acusado atoparon papelinas cun peso de 4,4 gramos, diversas cantidades de diñeiro, unha navalla automática, dúas básculas, unha pistola de gas, dúas caixas de balines, unha caixa con cargas de gas e un caderno con anotacións de nomes e números. Ademais, inspeccionaron unha praza de garaxe onde atoparon outros 19.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta