Denuncian "incidencias" na tramitación das axudas para novos agricultores

O Sindicato Labrego Galego pide ampliar o prazo ante problemas na aplicación informática

Por E.P. | Galicia | 22/02/2023 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, dirixiuse á Consellería do Medio Rural para denunciar "múltiples incidencias" na convocatoria da orde pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para novos agricultores en 2023.

Así, reclama que se amplíe o mes de prazo para a súa solicitude, xa que se evidencian "numerosos obstáculos" que afectan directamente as posibilidades de acceso das persoas agricultoras novas. Por unha banda, avisa de problemas no funcionamento de Melles, a aplicación informática para a súa tramitación, que afectan á xeración de documentos como o Anexo VII.

Por outra banda, "o propio texto da orde está a resultar problemático, ao presentar erros que afectan as fórmulas para o cálculo dos módulos de certos investimentos, dificultando o asesoramento aos solicitantes e a elaboración dos estudos económicos". Igualmente, o SLG require que se manteña a posibilidade de solicitar plans de mellora aos solicitantes de axuda na anterior campaña.

Agricultores traballando no campo
Agricultores traballando no campo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta