Estes son os primeiros artistas confirmados do Festival 17º Ribeira Sacra

A súa sétima edición celebrarase entre o 28 e o 30 de xullo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2023 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O Festival 17º Ribeira Sacra regresa este ano coa súa sétima edición que se celebrará entre o 28 e o 30 de xullo e no que actuarán, entre outros, Morgan, A Costa Brava, Lontreira e Pastor Eléctrico.

Segundo informa a organización do festival, estas son as primeiras confirmacións dun cartel que se irá ampliando proximamente e que se complementará con outras actividades paralelas vinculadas co patrimonio cultural. Un ano máis a Ribeira Sacra volverá converterse nun "encontro único que maridará durante un fin de semana, música, arte, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción".

Desde este mesmo xoves, o festival abre unha último cota de abonos a 65 euros que darán acceso aos concertos do fin de semana, ademais do abono bus 17°, o transporte interno para moverse comodamente polos escenarios do festival. Este abono completarase máis adiante co resto de entradas para actividades: concertos a bordo do catamarán, catas, rutas e a oferta gastronómica para gozar dun fin de semana completo.

Festival Ribeira Sacra. Foto de arquivo. FESTIVAL RIBEIRA SACRA
Festival Ribeira Sacra. Foto de arquivo. FESTIVAL RIBEIRA SACRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta