"Éxito" da FP na área de Santiago: aumentaron os estudantes un 36% na última década

Román Rodríguez puxo en valor "a alta empregabilidade" dos ciclos, cuns datos que alcanzan "practicamente o 100% nalgúns casos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2023 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Os estudantes de Formación Profesional na área de Santiago creceron un 36% na última década, segundo os datos ofrecidos polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que participou este martes no encontro territorial do Plan Conecta FP Galicia para a área compostelá.

Así, o conselleiro detallou que este curso a matrícula de FP nos municipios de Santiago, Arzúa, Ames, Boqueixón, Melide, Negreira, Ordes e Padrón alcanzou os 3.768 alumnos. Deles, 263 son estudantes dos 23 proxectos de FP Dual en marcha. En total, son 18 os centros que imparten 143 ciclos nestes municipios.

Segundo destacou a Consellería, o titular do departamento educativo do Goberno galego sinalou o "éxito" da FP galega como o froito de "unha revolución silenciosa, grazas ao gran esforzo que se realiza desde os centros e dos seus equipos directivos e á colaboración directa do mundo empresarial".

Sobre isto, subliñou "o prestixio adquirido por estes ensinos na cidadanía" e "a confianza crecente do empresariado na FP, que se traduce na súa colaboración tanto nas prácticas como nos proxectos de Dual". Así mesmo, puxo en valor "a alta empregabilidade" dos ciclos, cuns datos que alcanzan "practicamente o 100% nalgúns casos".

"É indispensable a colaboración coas empresas para formase os nosos alumnos nas competencias que van ser útiles e que lles van a permitir enfrontarse ao mundo laboral", remarcou.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participa no encontro territorial do Plan Conecta FP Galicia.. XUNTA - CONCHI PAZ
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participa no encontro territorial do Plan Conecta FP Galicia.. XUNTA - CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta