'O Chioleiro', que agrediu sexualmente e matou a súa avoa e a unha veciña, libre

Foi detido por quebrantar unha orde de afastamento.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/02/2023 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

José Manuel Durán, 'O Chioleiro', quen se atopaba en liberdade tras cumprir unha condena de 17 anos e medio de cárcere polo asasinato dunha muller que era a súa veciña e amiga, foi detido en días pasados por incumprir unha orde de afastamento.

Así o ratificaron fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press. Tras a detención, abríronse as correspondentes dilixencias xudiciais e 'O Chioleiro', quen regresara á localidade da Lama --onde en 2004 matou á súa veciña Alicia Rey-- está de novo en liberdade.

As mesmas fontes indicaron que o home regresara á localidade da Lama tras a súa posta en liberdade, o que puxo en alerta aos veciños e supón de facto quebrantar a orde que lle impide achegarse aos familiares da súa última vítima.

En concreto, a sentenza impúñalle no seu día unha pena adicional de cinco anos de prohibición de achegarse aos familiares de Alicia Rey, computados a partir do cumprimento da sanción de privación de liberdade. Este home xa estivera en prisión antes de asasinar á súa veciña en 2004, por agredir sexualmente e matar á súa avoa.

Un home detido / GARDA CIVIL / Europa Press
Un home detido / GARDA CIVIL / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta