Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 15:51
A Deputación da Coruña convocou, a través da área de Normalización Lingüística, unha nova edición do Premio Rosalía de Castro, que chega ao seu décimo cuarta edición. O prazo de presentación termina o 28 de abril.
O seu obxectivo é, segundo informa o organismo provincial, "recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico galego, tanto no ámbito da provincia como de toda Galicia".
O certame está dotado con 15.000 euros e establece un premio de 5.000 euros por cada unha das súas tres categorías: a persoa e a entidade que máis destaquen na promoción do galego e ao proxecto concreto de dinamización lingüística que realice un traballo específico cos tramos de poboación de menor idade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.