Rexistran o quinto incendio no Parque Natural do Xurés no último mes

O lume afectou a menos dunha hectárea en Calvos de Randín

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 01/03/2023 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa na tarde deste mércores doutro incendio forestal, que xa foi extinguido, que afectou a menos dunha hectárea do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, concretamente no termo municipal de Calvos de Randín (Ourense).

O lume iniciouse sobre as 18,00 horas e pouco antes das 19,00 xa foi estabilizado. Polo momento, por parte da Xunta mobilizáronse un axente, unha brigada, unha motobomba e un helicóptero.

É o quinto incendio rexistrado neste parque natural no último mes. Na primeira semana de febreiro, un lume forestal que afectaba ao termo municipal de Muíños alcanzou as 160 hectáreas arrasadas.

Traballadores forestais observan este martes o incendio forestal no pobo de Salgueiros, en Muíños
Traballadores forestais observan este martes o incendio forestal no pobo de Salgueiros, en Muíños | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta