Fan un chamamento á poboación ante as baixas reservas de sangue despois do Entroido

Descenden as reservas dos grupos A Positivo e 0 negativo

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 02/03/2023 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realizou este xoves un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 negativo.

Segundo explica nun comunicado, as reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación. Así, lembra que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de forma eficaz o seu labor asistencial. 

En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como é o caso das pasadas festas de Entroido, pero ADOS lembra que "non ocorre o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os hospitais". Por iso ADOS solicita "un esforzo especial" para incrementar as reservas de sangue.

As distintas unidades móbiles visitarán nestes días diferentes concellos. Concretamente, este venres 3 de marzo, estarán unidades en Ferrol (Esteiro), Carballo, A Coruña (Obelisco), Ribeira, Serra de Outes, IES Chapela de Redondela, Lalín, Colexio Vigo, Burela, e no IES García Barbón de Verín. O sábado haberá unidades móbiles en Carballo, Ribeira, Lalín, Covelo e Mondoñedo.

Unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
Unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta