Trasladados dous operarios ao hospital en Ourense por unha intoxicación de monóxido de carbono

Un deles mostraba signos de estar inconsciente.

Por E.P. | OURENSE | 02/03/2023 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Dous operarios que traballaban nun recinto pechado en Ourense sufriron unha intoxicación por monóxido de carbono debido posiblemente ao uso dun xerador de gasolina que manexaban. Ambos foron trasladados ao hospital, un deles inconsciente.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse ao fío das 18,00 horas desta tarde na Rúa Marcelo Macías.

Foi un particular o que contactou co 112 para dar o aviso. Segundo comunicaba, recibira a alerta dun obreiro que caera no local no que traballaba e que estaba inconsciente.

Con estes datos, desde o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informou ao chegar ao momento os efectivos de que no interior do local cheiraba a gas.

Tamén se mobilizou á Policía Local, á Policía Nacional, aos Bombeiros de Ourense, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e á empresa subministradora do gas.

Segundo a información facilitada o 112 Galicia, os bombeiros de Ourense rescataron a dous operarios, que resultaron intoxicados posiblemente polo uso dun xerador no interior do local.

Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO)
Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta