Cando o hip hop galego se escoitou en todo o mundo

Dios Ke Te Crew celebra os seus 20 anos cunha xira en Vigo e A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A banda galega de hip hop Dios Ke Te Crew arrincará a súa nova xira, que leva o nome de 'Tremendos Anos 20' en conmemoración ao seu vixésimo aniversario, este venres 3 de marzo en Vigo e o sábado 18 na Coruña.

Neste novo percorrido polos escenarios do país, o grupo formado por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock revisará as súas últimas creacións e, moi especialmente, os grandes éxitos da súa traxectoria, desde a súa formación en 2003.

Con tres discos ás súas costas e ducias de festivais e salas de concertos por toda Europa, a banda de Ordes publicou en 2022 un EP, 'En que ano estamos?', con cinco temas que interpretarán nestas novas citas. Nesta xira estará acompañada doutras figuras da escena musical galega.

Ademais, nesta nova entrega, o directo presenta unha escena audiovisual formada por imaxes creadas polo artista e precursor do Gif Art, A.L. Crego. A primeira parada da xira é este venres na sala Masterclub de Vigo (rúa Urzáiz) e, dúas semanas máis tarde, será a quenda da Coruña na Praia Club.


Dios Ke Te Crew arrincará a súa xira polo 20 aniversario en Vigo e A Coruña
Dios Ke Te Crew arrincará a súa xira polo 20 aniversario en Vigo e A Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta