Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/03/2023 | Actualizada ás 18:22
Un home de 55 anos resultou ferido tras sufrir unha saída de vía na estrada N-540, concretamente no punto quilométrico 21,4, perto da localidade ourensá de Celanova.
Segundo informou a Garda Civil, o ferido foi trasladado en primeiro lugar ao centro de saúde de Celanova e posteriormente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Por causas que se descoñecen, o vehículo que conducía o ferido saíu pola marxe esquerda da calzada e acabou impactando coa cuneta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.