Aviso amarelo por fortes choivas mañá na Coruña e Pontevedra

A provincia de Lugo tamén estará en aviso por ventos fortes

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 07/03/2023 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

As precipitacións localmente fortes ou persistentes afectarán este mércores ao oeste de Galicia, sobre todo na Coruña e Pontevedra, que terán risco (aviso amarelo) xa que poderán acumular ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas, e as temperaturas subirán con carácter xeneralizado na maior parte do país, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

O AEMET activou así mesmo o aviso por fenómenos costeiros nas costas de Galicia; así como por ventos fortes en Lugo, onde se esperan refachos de ata 80 quilómetros por hora.

Respecto das temperaturas, a Aemet espera unha subida xeneralizada tanto das máximas como das mínimas. Os ventos soprarán do oeste e suroeste na Península e Baleares, con intervalos fortes no litoral de Galicia e norte de Castela e León.

Unha muller abre un paraugas tras o paso da borrasca Gérard na Coruña
Unha muller abre un paraugas tras o paso da borrasca Gérard na Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta