Completan a edición da obra máis significativa de Martín Sarmiento

Recolle os intereses temáticos do autor

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2023 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O Museo de Pontevedra acolleu este martes a presentación do proxecto do Consello da Cultura Galega (CCG) que culmina a edición da obra 'De historia natural e de todo xénero de erudición. Obra de 660 pregos', obra culmen que contén o pensamento de Martín Sarmiento.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, presentaron os cinco volumes deste proxecto, que naceu en 2022 baixo a coordinación de Henrique Monteagudo.

O investigador e María Álvarez Lires explicaron a relevancia desta edición, que permite "poñer a disposición pública o pensamento dunha figura destacada do Século das Luces".

Segundo destacou o Consello da Cultura Galega, a obra completa é unha especie de compendio dos intereses temáticos do autor e un dos seus traballos máis significativos. Así, na obra abórdanse asuntos como a historia natural, a economía, a educación, a agricultura ou as orixes da poesía.

Nela, explicou Monteagudo, "móstrase o seu característico estilo discursivo, co que vai abordando unha gran variedade de asuntos sen orde nin designio particular". Así mesmo, sinalou que esta edición é moi relevante porque "a súa obra estaba dispersa en citas, por fragmentos puntuais, pero non recollida dunha maneira global".

Intervencións durante o simposio sobre Martín Sarmiento
Intervencións durante o simposio sobre Martín Sarmiento | Fonte: CONSELLO DA CULTURA GALEGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta