Os encoros galegos perden capacidade, pero seguen con reservas superiores que o ano pasado

Perderon na última semana 65 hectómetros cúbicos de auga, e sitúanse no 75,9 % da súa capacidade,

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon na última semana 65 hectómetros cúbicos de auga, e sitúanse no 75,9 % da súa capacidade, segundo os datos da reserva hídrica feitos públicos este mércores polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Así, os encoros da conca Miño-Sil teñen nestes momentos 2.288 hectómetros cúbicos de auga, 36 hectómetros menos que hai unha semana; mentres que os encoros da conca Galicia Costa, teñen 531 hectómetros cúbicos, 29 menos que hai 7 días.

Comparados cos datos do ano pasado, as reservas son superiores. Segundo o informe do Ministerio, na mesma semana de 2022, as reservas dos encoros da conca Miño-Sil ascendían a 1.545 hectómetros cúbicos; mentres que as de Galicia Costa eran de 425 hectómetros cúbicos.

Datos da reserva hídrica feitos públicos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica o 8 de marzo de 2023.. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Datos da reserva hídrica feitos públicos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica o 8 de marzo de 2023.. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta