A Xunta avalía oportunidades de negocio do tecido empresarial galego en Dinamarca

As exportacións de Galicia a Dinamarca o pasado ano alcanzaron os 124,6 millóns de euros

Por E.P. | Galicia | 12/03/2023 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co embaixador de Dinamarca en España, Michael Braad, co que avaliou as oportunidades de negocio que o tecido empresarial galego ten no país.

Segundo explican nun comunicado, as exportacións de Galicia a Dinamarca o pasado ano alcanzaron os 124,6 millóns de euros coa particularidade de que aumentou o número de empresas galegas que comercializan os seus produtos no mercado danés. Concretamente, foron 230 en 2022, das que 112 xa o fan de forma regular.

Tal e como trasladou o propio Conde, Galicia ten interese en abrir vías de colaboración en sectores que son estratéxicos para as dúas economías. Sinalan ademais que Dinamarca foi o primeiro país do mundo en instalar parques eólicos mariños, o Vindeby Offshore Farm, en 1991.

A Xunta avalía oportunidades de negocio do tecido empresarial galego con Dinamarca
A Xunta avalía oportunidades de negocio do tecido empresarial galego con Dinamarca | Fonte: Europa Press

Tamén é un dos principais mercados de probas para o sector TIC e acolle un dos clústers máis recoñecidos na contorna do sector biotecnolóxico e da saúde, Medicon Valley. A Xunta busca explorar sinerxías entre o tecido industrial galego e o danés en ámbitos como as enerxías renovables, o sector biotecnolóxico, o TIC ou a industria agroalimentaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta