Cinco películas de produción galega participan no Festival de Málaga

'Sica' e 'Matria' competirán polos premios do certame malagueño

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 12/03/2023 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

O 26º Festival de Málaga exhibirá cinco filmes de produción galega, catro longametraxes e unha curta --Sica, Matria, Honeymoon e Amigos hasta la muerte, e a curta Ulises--, co apoio da Xunta de Galicia.

Tal e como explica a Consellería de Cultura nun comunicado, estes títulos encabezan unha ampla representación do audiovisual galego no certame especializado en cinema iberoamericano que se desenvolverá ata o 19 de marzo na cidade andaluza, xa que a presenza galega complétase noutros apartados do MAFIZ, o espazo dedicado á industria paralela ao festival.

Tras o seu paso pola Berlinale, tanto 'Sica', dirixida por Carla Subirana, como 'Matria', de Álvaro Gago, recalan en Málaga seleccionadas pola organización do festival e como seguinte paso na súa estratexia de promoción e distribución. Ambas competirán polas Biznagas, os premios do certame malagueño.

Doutra banda, fóra de concurso, o apartado Málaga Premiere acolle as estreas absolutas de 'Honeymoon', a película de Control-Z dirixida por Enrique Otero, e da comedia 'Amigos hasta la muerte', de Undodez con dirección de Javier Veiga.

Outro título galego subvencionado e que xa se presentou na carteleira malagueña é 'Ulises', de Félix Briel e producida por Gaita Films, dentro da sección oficial de curtametraxes de ficción. No apartado Afirmando os dereitos das mulleres está tamén 'Anatomía dunhaserea', de Adriana Páramo Pérez.

Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago
Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta