As alcaldías galegas, "modelo a seguir" polos plans de acción polo clima e a sustentabilidade

A Unión Europea destacou Galicia como "exemplo de coordinación"

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 12/03/2023 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A Unión Europea destacou a Galicia como "exemplo de coordinación do Pacto de alcaldías" polo seu plan de acción polo clima e a enerxía sustentable, e propón extrapolar o modelo da comunidade a outros países do continente.

Os representantes do Instituto para a Política Europea do Clima e Enerxía (Ieecp) transmitiron á directora xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, a súa admiración pola xestión da Xunta do Pacto das Alcaldías.

Entre os aspectos que chamaron a atención do organismo sobre a xestión da Comunidade desta cuestión destacan os relacionados coa procura de solucións ás pequenas capacidades técnicas e financeiras a través dunha asistencia moi personalizada que se adapta ás particularidades dos concellos galegos.

Ademais, a institución europea destacou a creación de ferramentas, e da formación para o seu uso, para garantir o cumprimento dos requisitos mínimos á hora de presentar informes, así como o financiamento da elaboración dos Plans de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

Así mesmo, durante a reunión telemática, a directora xeral respondeu diversas cuestións relacionadas coa implicación do sector privado e das entidades non gobernamentais na consecución dos obxectivos climáticos e a existencia de estruturas de "colaboración transversal" que motivan un maior compromiso con estas políticas desde o ámbito local.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Cambio Climático e Sostibilidade, Sagrario Pérez, durante un seminario
A directora xeral de Calidade Ambiental, Cambio Climático e Sostibilidade, Sagrario Pérez, durante un seminario | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta