Rueda, ausente do comité executivo do PP, cre que os novos vicesecretarios "vano a facer moi ben"

Sinala que o PP é "moi amplo" pero "o importante é que despois a postura é entendida por todos", pola moción de censura

Por E.P. | Galicia | 13/03/2023 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

O titular da Xunta, Alfonso Rueda, que non participou no comité executivo do PP por motivos de axenda, ao atoparse nunha reunión con outros presidentes autonómicos en País Vasco, opinou que os novos vicesecretarios nomeados no partido "vano a facer moi ben".

Cuestionado na rolda de prensa, Rueda indicou que informou da súa axenda ao líder do seu partido a nivel nacional, entre outras cuestións, porque este luns había comité executivo e considerou "máis importante representar a Galicia nesta reunión".

Sobre os novos vicesecretarios, valorou que "seguen amplificando o traballo que fixo o último ano" a organización, "que consiste sobre todo en escoitar" e "recoller inquietudes". Despois, segundo sinalou, "hai que tentar transformalo en propostas de Goberno". "Creo que o van a facer moi ben", destacou.

MOCIÓN DE CENSURA

Preguntado, ademais, pola postura de Feijóo ante a moción de censura, Rueda indicou que o PP é un partido "moi amplo" pero "o importante é que despois a postura é entendida por todos".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co do País Vasco
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co do País Vasco | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta