Por Europa Press / Redacción | Galicia | 13/03/2023 | Actualizada ás 17:49
O Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia (COOG) presentou á súa nova xunta de goberno, presidida por primeira vez por unha muller: Esther Amaro Quireza. O obxectivo principal do novo mandato será a creación da categoría de óptico-optometrista en Atención Primaria e a súa inclusión na carteira de servizos do Sergas.
A nova presidenta explicou que os obxectivos fundamentais do seu mandato pasan tamén por potenciar a formación do óptico-optometrista a través de cursos e xornadas; defender a autorregulación sobre a venda dixital de produtos sanitarios; fomentar a concienciación do valor do traballo profesional mediante campañas; ou promover o recoñecemento do óptico optometrista como profesional universitario sanitario encargado da saúde visual dos galegos.
"É un orgullo para min ser a primeira presidenta colexial, dirixir unha xunta de goberno paritaria e coa incorporación de xente nova, que seguro teñen moito que achegar", sinalou Esther Amaro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.