'Té Areeiro', a marca para impulsar a produción do té verde de camelia

Areeiro ten unha área de 500 metros cadrados dedicados ao cultivo de té cun total de 300 plantas

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 13/03/2023 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra lanzou este luns a nova marca 'Té Areeiro', o distintivo de calidade e de produto local para impulsar a produción e promoción do té verde de camelia, que nace froito da longa investigación levada a cabo pola Estación Fitopatolóxica Areeiro.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que este traballo "ten unha folla de ruta clara para que máis pronto que tarde sexamos unha provincia cun té propio, de enorme calidade e poidan nacer proxectos para manter o noso rural a través da flor raíña das Rías Baixas".

Desta forma, o primeiro paso dado pola Deputación consistiu no rexistro da marca e a elaboración do Plan Estratéxico para impulsar a produción en toda a provincia e "convertela nun referente" baixo o paraugas de Areeiro, co fin de "diferenciala e individualizala no mercado".

Nesta liña, Silva explicou que Areeiro, que ten unha área de 500 metros cadrados dedicados ao cultivo de té cun total de 300 plantas, traballou máis de vinte anos para seleccionar as plantas de camellia sinensis ata elixir máis dunha ducia "para poder facer un té de enorme calidade que poida competir con calquera do mundo".

Así mesmo, a xefa de servizo de Areeiro, Carmen Salinero, deu a coñecer as liñas do Plan Estratéxico que ten por obxectivo "promover un modelo de produción sustentable que contribúa a conservar e aumentar a biodiversidade e fomentar o emprego no rural".

Presentación do
Presentación do

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta