O persoal da recollida do lixo de Padrón inicia unha folga indefinida o 27 de marzo

Os traballadores levan sen incremento salarial desde 2015 e sen negociación do convenio.

Por Europa Press / Redacción | Padrón | 16/03/2023 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O persoal do servizo de recollida de lixo e do punto limpo do Concello de Padrón iniciará o día 27 unha folga indefinida para reclamar que se retomen as negociacións do convenio colectivo, segundo informaron nesta xornada.

E é que, segundo explicou a Europa Press Roberto Alonso, secretario comarcal de CIG-Servizos, os traballadores levan sen incremento salarial desde 2015 e sen negociación do convenio. "Pero con máis sobrecarga de traballo", apostilou.

Antes, engadiu, a renovación do convenio era de forma mensual pero coa entrada da nova empresa o pasado mes de xullo, FCC Medio Ambiente, iniciáronse contactos sen que se chegase a ningún acordo.

Ademais de denunciar que non se lles facilitase por parte do concello un local social para informar dos motivos da folga, reprochou ao goberno local que non atendese a súa petición de mediación. "Non recibimos sequera resposta", manifestou.

En particular, incidiu no aumento da carga de traballo ao incrementarse o número de colectores, pero asegurou que os traballos do servizo están a cargo de menos persoas, seis, tras o despedimento dun traballador.

Persoal do servizo de recollida de lixo de Padrón convoca folga
Persoal do servizo de recollida de lixo de Padrón convoca folga | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta