O Museo de Pontevedra e o Nacional de Poznan investigarán o percorrido do díptico que roubaran os nazis

O máximo responsable da institución pontevedresa abordou co director do Museo Nacional de Poznan a posibilidade de realizar intercambios de fondos para a organización de exposicións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2023 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O Museo de Pontevedra e o Museo Nacional de Poznan colaborarán na posta en marcha dunha investigación para dar luz sobre a orixe e o periplo do díptico do pintor flamenco Deirik Bouts, que este venres volverá ser exhibido en Polonia tras ser devolto pola Deputación de Pontevedra.

Segundo recolle un comunicado da Deputación de Pontevedra, os museos pontevedrés e polaco estreitaron lazos a través dos seus directores, José Manuel Rey e Tomasz Lecki, nun encontro mantido este xoves, véspera do acto oficial programado para este venres.

O máximo responsable da institución pontevedresa, acompañado por membros do goberno provincial, abordou co director do Museo Nacional de Poznan a posibilidade de realizar intercambios de fondos para a organización de exposicións.

Así, Rey incidiu na oportunidade que esta devolución abre para aumentar o vínculo entre os territorios e que, deste xeito, "non se pechen portas, senón que se abran máis, e que haxa máis colaboración institucional no futuro". Pola súa banda, Lecki mostrou a súa satisfacción polo regreso dos cadros da 'Dolorosa' e un 'Ecce Homo' grazas á disposición da Deputación de Pontevedra.

Tras o encontro cos responsables do Museo de Poznan, a delegación pontevedresa realizou unha visita guiada pola mostra que acolle 24 obras do autor Jacka Malczewskiego procedentes da localidade ucraína de Lwow.

CERIMONIA DE ENTREGA

Así as cousas, este venres terá lugar ás 13,00 horas a cerimonia de entrega dos cadros, que serán, en primeiro lugar, exhibidos no museo de Poznan ata o seu destino final no castelo de Goluchow.

No acto intevendrán o ministro de Cultura e Patrimonio Nacional de Polonia, Piort Glinski, o embaixador español en Polonia, Ramiro Fernández, o director xeral de Patrimonio Cultural español, Isaac Sastre, o director do Museo Nacional de Poznan, Tomasz Lecki, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e o director do Museo de Pontevedra.

O díptico espoliado polos nazis e que se atopaba no Museo de Pontevedra á súa chegada ao Museo Nacional de Poznan. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O díptico espoliado polos nazis e que se atopaba no Museo de Pontevedra á súa chegada ao Museo Nacional de Poznan. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta