A Xunta presume do sector lácteo galego, que produciu "case tres millóns de toneladas de leite" en 2022

O director xeral de Gandaría participa nunha mesa redonda no marco dunhas xornadas agrícolas en Santa Comba.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2023 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, destacou a importancia do sector lácteo en Galicia, que no 2022 produciu "case tres millóns de toneladas de leite" e tivo un valor de mercado "superior aos 1.300 millóns de euros", durante a súa intervención na Semana do Leite de Santa Comba (A Coruña).

Balseiros foi o encargado de clausurar este sábado as Xornadas técnicas agrícolas especializadas, no marco deste evento que, durante o últimos cinco días, acolleu diferentes actividades divulgativas e visitas guiadas para escolares, que puideron coñecer o avance tecnolóxico nas granxas do municipio.

A xornada deste sábado tivo como actividades principais unha mesa redonda acerca da saúde do sector lácteo na Terra do Xallas e unha charla sobre a PAC e os retos do noso territorio cara ao futuro do sector lácteo na zona, impartida por José Luís Acción, xefe do servizo de Axudas Agrícolas da PAC do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Durante a súa intervención, Balseiros destacou a importancia do sector primario galego, "sobre todo grazas á gandaría", que produce "máis de 400.000 toneladas de carne cada ano". Así mesmo, tamén incidiu na relevancia que ten para o ámbito que dirixe o sector lácteo que, segundo afirmou, no 2022 produciu "case tres millóns de toneladas de leite", o 41 % da produción española, e tivo un valor de mercado "superior aos 1.300 millóns de euros".

Vaca comendo herba nunha granxa
Vaca comendo herba nunha granxa | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta