Historias do avó

E cando morreu o ditador, dixéronnos que eramos libres. Que tiñamos dereitos e liberdades. Dixéronnos que se terminou a ditadura, que a partir dese momento a Soberanía residía no Pobo. Recoñecéronse dereitos nunha Constitución. Xa podiamos manifestarnos, os traballadores tiñan dereito á folga. Había liberdade de expresión, e mesmo dicían de pensamento, coma se antes non pensásemos! Tamén nos prometeron que o goberno sería o representante do Pobo.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 23/03/2023

Comparte esta noticia

Que votando libremente nós poñiamos a gobernantes que defenderían o interese público. E criámolo, estabamos contentos. Dixéronnos que eramos unha Democracia, que xa non había caciques, nin ladróns, nin abusos de poder, nin inútiles en postos de responsabilidade,  que todo seria claro e non habería nada oculto para o Pobo.

Dixéronnos que o Estado velaría polo noso benestar, que a educación, a sanidade, a Xustiza, os servizos públicos seria os necesarios para o Pobo. Tamén nos dixeron que ao ser europeos xa podiamos estar en Europa, ou que ao estar en Europa xa eramos europeos; xa non o lembro ben, pasaron moitos anos e  dixéronnos tantas cousas...

E despois empezaron a gobernar: votabamos con ilusión, ganas, e alegría. E despois nunca nos fixeron nin puto caso.  Os traballadores poñíanse en folga e dicíanlles que xa gañaban bastante.  Manifestabámonos  pero non valía de nada, acababamos nun bar. Faciamos folgas e non nos escoitaban. Fixemos moitas folgas xerais e ningunha serviu para nada: eles facían o que quería.

Empezamos  a opinar e  nunca escoitaban as nosas opinións. O pobo falaba e eles sorrían burlonamente. Facían o que querían e sen responder ante ninguén. Votabamos pero non valía para nada. Cambiamos o voto e as cousas eran as mesmas.

Empezamos a darnos conta de que nos mentían. De que manifestarnos non valía para nada. Que a nosa opinión impórtalles unha merda; nunca consultaban ao pobo. Eles facían e desfacían nos seus despachos, e ás veces, naquel parlamento insultábanse e ríanse; un día un levou  unha fotocopiadora, outro levou un bebe; a maioría levaban diñeiro, moito diñeiro  e nunca pasaba nada.

E un día os Letrados da Administración de Xustiza puxéronse en Folga. Á   Ministra importoulle un ravo. E paralizouse  a Xustiza. Só discutían da ditadura, de ditador,  algo de sexo,  de animais, e  de quen  era máis ocurrente, locuaz e deslenguado.

E a Xustiza paralizouse.

Alvaro Rodríguez Núñez.

Togas dos Letrados da Administración de Xustiza (LAJ) colgadas no acceso aos xulgados de Lugo, con motivo da folga indefinida
Togas dos Letrados da Administración de Xustiza (LAJ) colgadas no acceso aos xulgados de Lugo, con motivo da folga indefinida | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA