Os alumnos de FP Superior con nota de máis de 8,5 xa se poden inscribir aos premios extraordinarios

Están dotados de 1.000 euros e as solicitudes poderán facerse ata o 20 de abril

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2023 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Xunta convocou os premios extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior correspondentes ao curso 2021/2022 para o alumnado que finalizou os seus estudos no ano 2022. Poderán optar a estes galardóns os estudantes que obtivesen unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requisitos.

Segundo trasladou a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convocáronse ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de FP de grao superior implantada en Galicia. O prazo de presentación de solicitudes para optar aos galardóns estará aberto ata o día 20 de abril. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta, ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.

Así mesmo, sinalou que o obxectivo destes premios é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico os resultados de Formación Profesional de grao superior en Galicia e enmárcase dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.

En canto ao orzamento, destínanse 23.000 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 1.000 euros por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, despois de inscribirse, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de Grao Superior.

O delegado do Goberno, José Miñones, nunha aula de formación profesional. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno, José Miñones, nunha aula de formación profesional. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta