El Drogas e Ilegales, cabezas de cartel do Castelo Rock

O festival tamén contará cos galegos Dakidarria, The Rapants ou Tregua

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 20/03/2023 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

El Drogas e Ilegales encabezan o cartel da XIX Edición do Castelo Rock, que un ano máis se celebrará na localidade coruñesa de Muros o penúltimo fin de semana de xullo, os días 21 e 22.

Xunto a eles estarán outros grupos de ámbito estatal como Sínkope, Mafalda, O'Funk'illo ou Itaca Band, acompañados dos galegos Dakidarria, The Rapants ou Tregua. Así, o festival volve apostar polo rock nacional e seguindo coa liña de incluír grupos a nivel internacional, como é o caso do grupo australiano Lola.

Ademais, un ano máis mostra o seu apoio a bandas locais como The Rapants e resalta a importancia das actividades de día durante todo o festival, especialmente para os máis pequenos.

O cartel complétano Festicultores Troupe, La Duendeneta, Me Fritos and the Gimme Cheetos, Archivo Adxunto, Adhara and Ritman, Orfeón Ria Demuros, SergiccDJ e Uxía Lambona e a Banda Molona.

El Drogas, que estará no Castelo Rock 2023
El Drogas, que estará no Castelo Rock 2023 | Fonte: Castelo Rock

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta