Cal é a lingua e a identidade na fronteira galego-portuguesa?

Unha publicación analiza desde o punto de vista histórico, lingüístico e antropolóxico a relación entre o galego e o portugués nas comunicades fronteirizas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa”. Ese é o título da publicación que pretende abordar desde un marco multidisciplinar a situación socio-lingǘística da fronteira galego-portuguesa.  É unha obra na que se tentan “revisar algúns tópicos” desde o punto de vista histórico, antropolóxico ou lingüístico.

Presentación do libro 'Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa” no Consello da Cultura Galega
Presentación do libro 'Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa” no Consello da Cultura Galega

O libro, presentado no Consello da Cultura, recolle dez contribucións que reflexionan sobre as razóns e as consecuencias da división en dous do espazo constitutivo do protorromance galego, e que deu lugar ás linguas galega e portuguesa.

A variación sintáctica, o léxico dialectal, a entoación e as percepcións así como as actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa son algúns dos temas tratados no volume. Nel tamén se analizan os camiños diverxentes de Galicia e Portugal a partir da Idade Media ou a permeabilidade bidireccional da raia, que a un tempo une e separa ambos os territorios.

Xulio Sousa, Marta Negro Romero e Rosario Álvarez son os tres investigadores encargados da edición desta monografía que ve a luz no marco da colección «Ensaio&Investigación» do Consello da Cultura Galega.

Mediante esta monografía preténdese propiciar a reflexión sobre o estado da cuestión, impulsar avances na súa investigación, crear un espazo de encontro para as olladas pluridisciplinares e crear novo coñecemento con renovación en métodos e resultados.  A publicación responde a unha dinámica de traballo iniciada hai uns anos entre o Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega. 

No acto de presentación estiveron Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ernesto González, director do Instituto da Lingua Galega (ILG) e Xulio Sousa un dos tres editores deste volume xunto con Rosario Álvarez e Marta Negro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

8 Apache_apañó

Hai un tempo que leo algúns comentarios que, sinxelamente, dan mágoa. Algún dos españolistas que nos adornan en Galiza, dixo que o galego actual é un intento de aportuguesarnos: El puña por exempro que nunca había escoitado a palabra "poalla", que era un invento moderno do galego, outro era o de "chaira"...así varios mais. Pero, o homiño non puido respostar o por qué o castelán admitiu, por poñer un exempro, a palabra "cobarde" ( que ven do francés e é unha verdadeira idiotez que ignora a propia historia de España), nin o por qué pon termos dos indíxenas americanos a miles no diccionario. Logo, o castelán copia (literalmente) decenas de miles de termos dos demáis, e, cando os académicos galegos incorporan a fala dos diferentes lugares de Galicia, estes poñen o grito no ceo. Hai que rir destes elementos!

7 Freud

ªEl pequeño Nicolás, pequeño nicolasitoª? un alcume así, só se lle ocurre ao subconscente dun micropenico. Pois non o leva mol ben o homiño. Agora vai ser culpa do galego! Estes franquistas...

6 Undaki

Vaia por diante que non penso que o meu comentario sirva de moito, porque a doenza é incurable, e os complexos e a demagóxia do "Pequeño Nicolás" traspasan a fronteira da cordura, máis, ten o "Nicolás" unha mínima noción do concepto PIB? Sabe o "Nicolás" que o gasto está altamente correlado co PIB? é dicir, a maior gasto en español, maior repercusión no PIB. Xa postos, tamén sería de agradecer "a su señoría" que non solte "coces" sen indicar a fonte!

1 El pequeño Nicolás

Para que me pidas fuentes tendrías que citarlas tú antes por mera coherencia, guapo, que se ve que tienes que "arranjar algumas cortinas para essa casa de vidro". Pero hoy es más fácil Google. Estaría tirado desmentirme, si bien reconozco que la información de internet hay que tomarla "cum grano salis".

2 Undaki

Queda demostrado que, como agardaba, o comentario caeu en valeiro. A propia contestación demostra que o "señor" non chegou a ler o capítulo 1 de calqueira manual de "introducción á Economía" (o non creo que o problema sexa o título en galego). As fontes cítanse cano un dá un dado concreto, por exemplo, "o 0.00000000000000000000000000000000000000001% dos galegos milita en Galicia Pilingui". Porén, non fai falla citar a Newton cando ún observa que unha mazá podre cae o chán!!

5 Akribéstaton

Não entendo a metáfora da costura. Mais acaída é a metáfora da cicatriz. Por outro, a pergunta das perguntas nesse assunto é qual conjunção astral propiciou que a coincidência entre fronteira política e fronteira linguística fosse das mais nítidas da Europa (se não da ecúmena toda).

4 Santi ya no puede

Que resentido estás Miguel.