Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2023 | Actualizada ás 17:16
Un gran buraco acaba de aparecer na AC-543 Santiago-Noia, despois da rotonda de Augas Santas na saída de Rois do Corredor Brión-Noia. Así o anunciaron varios condutores que tiveron que parar para sinalizar a gran fochanca de máis de dous metros de diámetro.
Os automobilistas informaron a Emerxencias desta situación e alertaron de que a enorme fochanca podería ir a máis dado o delicado estado do firme nesta parte da estrada.
Dadas as dimensións do buraco, e a posibilidade de que se agrande, as forzas da orde interromperon completamente a circulación de vehículos na estrada e habilitaron o desvío á CG-1.5 --corredor de Brión-- nas saídas 15 e 19, mentres duren os labores para restablecer as condicións de seguridade, que poderían durar varios días.
A AC-543 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Santiago de Compostela e Barro (Noia), logo de 31 quilómetros.
Podes ver o vídeo na nosa conta de Instagram:
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Constitúen unha plataforma para loitar contra o "abandono" do sistema de dependencia
- Unha muller morta e tres feridos, entre eles os seus fillos menores, nun accidente en Xermade
- Consumo envía á Xunta o arquivo dixital con 9.647 pisos turísticos ilegais en Galicia, a metade na provincia de Pontevedra
- A Xunta ve "insuficiente" o aumento de trens anunciado por Renfe para o verán
- Continúa a confrontación entre os bombeiros de Ourense e o goberno local, que expón cambiar quendas de traballo
- O traslado dos pacientes do Materno de Ourense faise inminente ante as obras de reforzo dos falsos teitos