Ethel Vázquez presume nun foro en Madrid de que a Xunta destina 50 millóns ao ano a mellorar estradas

Destacou que o Goberno galego actúa para eliminar todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas

Por E.P. | Galicia | 21/03/2023 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que a Xunta destina cada ano 50 millóns de euros a manter e mellorar a seguridade nas estradas. Así o manifestou a titular de Infraestruturas na mesa redonda 'Estradas ao servizo do cidadán, retos e esixencias', que se celebra no marco da 32º Semana da Estrada, en Madrid.

Alí, subliñou que o Goberno galego actúa para eliminar todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, cun investimento de máis de 15 millóns de euros que, segundo trasladou a Xunta, "xa permitiu reducir en case un 60% a sinistralidade neses puntos negros".

Neste contexto, instou ao Goberno central a afrontar "con rigor" a conservación da súa rede para que as estradas "volvan ser un factor de cohesión social e competitividade económica e non, precisamente, todo o contrario".

Sobre isto, lamentou que en Galicia haxa tres autovías estatais para conectar co resto de España e "o tres presenten problemas sen unha planificación clara de como resolvelas". Nesta liña, lembrou o colapso o ano pasado do viaduto da autovía estatal A-6. Sinalou tamén que se realizaron inspeccións en viadutos da rede estatal que obrigan a realizar obras de emerxencia na A-52, que xa ten cortada unha calzada, e engadiu ademais os problemas de néboa da A-8, a conexión coa cornixa cantábrica, "que seguen sen ter unha solución definitiva".

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participa na 32º Semana da Estrada, en Madrid
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participa na 32º Semana da Estrada, en Madrid | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta