O parque eólico Castro Valente é "viable e respectuoso para a contorna", segundo os técnicos de Patrimonio

O conselleiro Román Rodríguez rexeitou que os políticos teñan "capacidade de influír" nos ditames destes técnicos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O parque eólico Castro Valente, que promove Iberdrola en Padrón, é "viable e respectuoso coa contorna" para os técnicos de Patrimonio, segundo subliñou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, no pleno do Parlamento.

Rodríguez foi preguntado polo deputado do BNG Xosé Luís Bará pola avaliación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do impacto das infraestruturas deste parque no xacemento arqueolóxico do mesmo nome.

Na súa quenda, o conselleiro rexeitou que os políticos teñan "capacidade de influír" nos ditames destes técnicos, aínda que apuntou que lle dá "a sensación" de que Bará "si tiña esa facultade" na época do bipartito, polas súas palabras previas.

Polo demais, sinalou que "se reduciu o número de aeroxeradores" e que "todos están fóra das contornas de protección". Ademais, "a empresa ten a obrigación por mandato dos técnicos de Patrimonio de realizar unha serie de medidas compensatorias", incidiu.

Bará lamentou que "se lle dá o visto e prace ambiental e dáselle para adiante a este proxecto a pesar da súa afección" e do "impacto paisaxístico irreversible". "Por moito que suprimisen eólicos vai seguir estando na contorna do castro", censurou. Na súa opinión, o "problema" é a empresa que está detrás, Iberdrola, e que no seu consello "sentan --as exministras do PSOE e do PP-- Fátima Báñez e Isabel García Tejerina".

Parque eólico O Merengue. NATURGY                    ' - Arquivo
Parque eólico O Merengue. NATURGY ' - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta