A Xunta acusa ao BNG de empreder unha "ofensiva" para "eliminar a credibilidade" da CRTVG

Ademais, acusoulles de só estar "verdadeiramente preocupados" por que nos faladoiros "falen ben" do seu líder

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A situación dos medios públicos galegos, con recentes xornadas de folga e de protestas e uns 250 venres 'negros', foi motivo de controversia na sesión plenaria deste mércores, na que o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acusou ao BNG de seguir o "manual trumpista" contra a CRTVG mentres que os nacionalistas acabaron por pedir a "dimisión" do membro do Executivo autonómico.

Así, na súa intervención, a deputada do BNG María González Albert afeou o "clima" que se vive na CRTVG, sentenzas como a que ditaminou "vulneración" dos dereitos laborais dun traballador e sacou a colación un comunicado do Colexio de Xornalistas no que se mostra a preocupación polo funcionamento dos medios públicos.

Na súa resposta, Diego Calvo acusou ao BNG de querer converter á prensa en "chibo expiatorio" e de emprender unha "ofensiva feroz, hostilidade e eliminar a credibilidade" da CRTVG co obxectivo de "eliminala". Ademais, acusoulles de só estar "verdadeiramente preocupados" por que nos faladoiros "falen ben" do seu líder, mentres "as súas plataformas constrúen un catastrofismo".

Diego Calvo, como xa fixo en varias ocasións o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez-Izquierdo (co mandato caducado), esgrimiu as audiencias e resultados da compañía, así como a valoración positiva da audiencia, incluídos os telexornais cun 80% de consideración de rigor.

Mentres, Albert afeou que sacase a colación tensións que houbo na época do bipartito e as audiencias como argumentos, o que lle levou a pedir a "dimisión" do vicepresidente segundo. "Non é un problema laboral, é un problema que atenta contra a calidade dos medios públicos", reprochou a deputada do BNG, quen lembrou que a cidadanía é a "lexítima propietaria" da compañía.

Redacción da CRTVG, en San Marcos
Redacción da CRTVG, en San Marcos | Fonte: CRTVG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta