Javier Varela: “Intento que o espectador se divirta sen pausa”

O actor e humorista chantadino Javier Varela, coñecido como presentador da Galega, presenta estes días no Salón Teatro de Compostela o seu espectáculo "Un momento duro de agora... 5 pesetas das de antes". As sesións serán o xoves 5 e venres 6 ás 21.00 h. Falamos con Javier á saída dun ensaio.

Por X.M. Fernández | Santiago | 03/02/2015 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Que tal a vida profesional de Javier Varela por Madrid?

Espectáculo teatral de Javier Varela
Espectáculo teatral de Javier Varela

Non me podo queixar, con moitos proxectos enriba da mesa e con algún traballo moi interesante que logo sairá a luz do que só podo adiantar que traballo con moitos campións do mundo. Teño unha película para o mes de maio pero de momento é “top secret”… Moi contento de ter propostas e seguir gozando da miña profesión.

Esta semana poderémoste ver no Salón Teatro de Compostela. Sorpréndenos cun anticipo do que será o espectáculo.

Moito ritmo e con música en directo. Neste aspecto, Miguel Granero fai un traballo maxistral. Pretendo que o espectador se divirta e o pase en grande, que non teña moitos momentos de respiro xa que estamos nunha nova era onde todo vai moi rápido.

É un estreo en toda regra ou xa ten percorrido este espectáculo? En castelán ou en galego?

Cartel da obra de teatro  Un momento duro de agora... 5 pesetas das de antes
Cartel da obra de teatro Un momento duro de agora... 5 pesetas das de antes

Parte do texto xa se estreou en Madrid, pero o espectáculo en si é algo novo cheo de moitas sorpresas. Creo que a xente vai agradecer e gozar con aparicións coma a de Rafa Durán, que dan un aire moi fresco o espectáculo. E por suposto, estando na miña terra fareino en galego.

Ademais desta dobre sesión en Compostela tes algunha actuación máis esta semana?

Pois  si, o vindeiro sábado día 7 ás 23:30 estarei no Bar 1984 da Peroxa, con moitas ganas de que o público deste mítico local da zona pase unha noite espectacular, entretida e de moita risa.

Algún proxecto audiovisual de futuro por Galicia?

Teño algunha proposta, pero coma digo sempre, ata que se emita, o mellor e gardar silencio. Pero para min sempre é un pracer traballar na miña terra e na miña canle que é a TVG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta