Por E.P. | A CORUÑA | 27/03/2023 | Actualizada ás 18:48
UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investirá 3,6 millóns de euros no proxecto de soterramento dun tramo da dobre liña de alta tensión que transcorre desde o barrio da Solaina, no concello de Narón, até a subestación eléctrica de Santa Mariña, en Ferrol.
As obras, que se executarán este ano, permitirán desmontar nove torres de alta tensión e un tramo de 1.600 metros das dúas liñas aéreas de alta tensión Narón-Santa Mariña. O proxecto tamén inclúe a construción dunha nova liña subterránea de alta tensión de 2.600 metros de lonxitude.
O delegado de UFD na Coruña, Emilio Castro, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, visitaron este luns o emprazamento das obras, no barrio naronés da Solaina.
Para Emilio Castro, "este proxecto de soterramento supón un dos investimentos máis importantes da distribuidora na zona e é unha proba máis do compromiso desta compañía co desarrolloenergético e económico da comarca de Ferrol e da vocación de traballar para asegurar a fiabilidade e a calidade da subministración eléctrica a todos os veciños".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.