Falece unha muller de 58 anos atropelada na Laracha

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2023 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Unha muller de 58 anos, con iniciais M.J.L.M, faleceu na mañá deste martes tras ser atropelada por un vehículo na estrada AC-552, ao seu paso polo municipio coruñés da Laracha.

Segundo trasladou o 112, o suceso produciuse sobre as 08,00 horas no lugar das Rañeiras, pertencente á parroquia de Lestón. Así, ata o lugar mobilizouse aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil da Laracha, así como aos operarios de conservación da estrada.

Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou ata o punto unha ambulancia de soporte vital avanzado e un equipo de Atención Primaria do centro de saúde da localidade, que atendeu a un home de 24 anos.

ACCIDENTE EN CAMARIÑAS

Por outra banda, o 112 Galicia informou dun sinistro na localidade coruñesa de Camariñas. Neste caso, os Bombeiros de Cee tiveron que liberar a unha persoa que sufriu unha saída de vía no quilómetro 15 da AC-432.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta