A web da Oficina do Peregrino de Santiago estrea nova sección de estatísticas

Con iso, búscase mellorar o coñecemento dos camiños e os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2023 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A web da Oficina de Acollida ao Peregrino estrea unha nova sección de estatísticas, "máis ampla e mellorada", que permitirá aos usuarios ter acceso a información en tempo real "dun modo dinámico e visual".

Este proxecto desenvolveuse a través da colaboración coa Universidade de Santiago, cun grupo de investigación que coordina a profesora de Métodos Cuantitativos Isabel Neira. Con iso, búscase mellorar o coñecemento dos camiños e os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago, a través da análise dos datos estatísticos do censo de peregrinos recolleitos pola propia Oficina do Peregrino.

Este proxecto de visualización foi deseñado mediante unha ferramenta informática de ampla difusión, como é Power BI, permitindo aos usuarios da web o dispor de paneis con obxectos visuais como táboas e gráficos interactivos a través de filtros personalizables polo usuario, segundo as súas necesidades de información.

Desta maneira, o usuario pode obter información detallada sobre os peregrinos que realizan o Camiño, analizando as orixes, os camiños que percorren e as súas variables demográficas, o que contribuirá a mellorar o coñecemento sobre eles.

Imaxe de peregrinos no Camiño de Santiago
Imaxe de peregrinos no Camiño de Santiago | Fonte: ECOEMBES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta