Morre un obreiro tras caer dunha plataforma elevadora en Mañón

Caeu desde catro metros de altura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2023 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Un operario faleceu na mañá deste mércores na localidade coruñesa de Mañón tras caer dunha plataforma elevadora mentres traballaba nunha empresa de construción e servizos.

Tal como informaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 10,00 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia. Esta persoa aseguraba que un home se caeu dunha altura dun catro metros mentres traballaba na parroquia de Bares, en Mañón.

Unha vez no punto, os servizos sanitarios de emerxencia non puideron facer máis que confirmar o falecemento do home. No operativo tamén se solicitou a intervención da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mañón.

Unha muller conduce unha carretilla elevadora
Unha muller conduce unha carretilla elevadora | Fonte: David Zorrakino - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta