Condenan a CC.OO. a pagar 25.000 euros a 15 traballadores por vulnerar o seu dereito a folga

Consideran probado que o sindicato enviou un escrito demandando "o cesamento" da súa conduta

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 30/03/2023 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou ao sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) a pagar 25.000 euros a 15 dos seus traballadores en Galicia por vulnerar o seu dereito a folga.

Os maxistrados consideraron probada a existencia desta vulneración despois de que CC.OO. cominase aos seus traballadores nun escrito ao cesamento da súa conduta folgísitca e a fixar uns servizos (non mínimos) unilateralmente polo empresario, "acción que por si soa é xa unha vulneración do dereito de folga".

En concreto, esta situación deuse a finais do mes de xaneiro, cando comezou o conflito para esixir un novo convenio colectivo e unha subida de soldos dentro do sindicato, que provocou unha folga.

Uns días antes do paro, avogados e técnicos do departamento xurídico do sindicato recibiron unha notificación para que solicitasen aos tribunais a suspensión dos temas pendentes. Despois de que estes tribunais aceptasen ou non a suspensión debido á folga, desde a dirección de CC.OO. remitiron outro documento aos traballadores indicando que entre as súas "obrigacións profesionais" están as de acudir a aqueles sinalamentos que non foron suspendidos.

Por iso, por mor da recepción do requirimento apuntado, os traballadores reincorporáronse aos seus postos de traballo e, segundo recolle a sentenza, tiveron que asumir algunhas tarefas auxiliares indispensables doutros compañeiros que si estaban en folga.

Precisamente o TSXG lembra que a lei establece que "nin o empresario pode impor aos traballadores non folguistas a realización das tarefas que corresponden aos que secundaron a convocatoria, nin os traballadores que libremente decidiron non secundala poden substituír o traballo dos seus compañeiros".

Macrosala de vistas na nova Cidade da Xustiza de Vigo
Macrosala de vistas na nova Cidade da Xustiza de Vigo | Fonte: TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta