Moi grave un motorista que chocou contra un turismo en Cenlle

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2023 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Un motorista resultou ferido moi grave nas últimas horas como resultado dunha colisión frontolateral cun turismo, ocorrida no municipio ourensán de Cenlle, segundo informou a Garda Civil.

Os feitos tiveron lugar sobre as 20,20 horas deste domingo na travesía de Barbantes Estación de Cenlle, cando se produciu unha colisión entre un coche ocupado por un matrimonio e os seus tres fillos (que resultaron ilesos), e unha motocicleta, conducida por un veciño de Ourense de 68 anos de idade.

Ao lugar acudiu unha dotación de Bombeiros de Ribadavia, efectivos de Protección civil, unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados do subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, así como efectivos de Urxencias Sanitarias 061, que trasladaron ao motorista, ferido moi grave, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Colisión entre un turismo e unha motocicleta
Colisión entre un turismo e unha motocicleta | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta