A Deputación de Pontevedra recadou 136 millóns de euros en 2022 a través da ORAL

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2023 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A Memoria do ORAL, o servizo da Deputación de Pontevedra encargado da xestión, inspección e recadación de tributos locais e outros ingresos de dereito público, recolle que este órgano pechou 2022 con 136 millóns de euros recadados e a cifra marca de máis de 560.000 atencións realizadas, delas 82.000 foron presenciais e o resto telemáticas.

O ORAL tivo un volume de xestión o pasado ano de 209,3 millóns de euros, cifra que inclúe as contías derivadas de valores pendentes de cobrar de anualidades anteriores. O deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, presentou este luns en rolda de prensa este balance de xestión destacando as 42 novas competencias alcanzadas este pasado ano "que representan a metade de todas as conseguidas no actual mandato, desde 2018"

Outros datos que destacou son o 92% de cobros dos padróns virados en 2022, as 32.000 novas domiciliacións ou o descenso en 21,4 millóns de euros dos valores pendentes de cobro entre 2018 e 2022.

"EFICACIA DO SERVIZO"

Carlos Font valorou que estes datos, "mostran a eficacia deste servizo e a confianza que teñen tanto os concellos como as persoas contribuíntes no noso servizo de recadación". Un total de 63 entidades locais, entre eles 54 concellos, teñen delegacións no ORAL.

Outros datos recolleitos nesta Memoria son as 621.500 comunicacións emitidas por mensaxes SMS e correo electrónico a través do servizo 'ORAL Informa', o aumento nun 37% en só tres anos dos pagos telemáticos, e tamén das domiciliacións que en 2022 representaron un 3,8% máis que en 2021.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presenta a nova web do ORAL
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presenta a nova web do ORAL | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta