Por Galicia Confidencial | Montevideo | 11/02/2015 | Actualizada ás 13:07
Jorge Castrillón, un dos voceiros do Círculo de Podemos en Uruguay, acusa de "manipulación" aos medios de comunicación que o están acusando de insultar aos galegos. Castrillón deu unha entrevista no diario El País dese Estado na que, cando se lle preguntaba polas deportacións de uruguaios en España, dixo seguían existindo e que "no se trata de un racismo como el que te encuentras en Francia. Es un cierto racismo muy paleto, muy gallego, institucional. Muy de derechas. Se basa en la incomprensión y en el egoísmo del sistema político".
En todo caso, Castrillón, no seu blog, pide "mis disculpas por lo mal formulada que estuvo la frase: hablábamos de forma coloquial y podría haberlo articulado más claramente, o al menos sin caer en localismos lingüisticos que pudieran ofender sin pretenderlo". Podemos Uruguay tamén pediu desculpas.
O voceiro argumenta que usou a expresión "gallego" como sinónimo de español, como se fixo durante anos en Sudamérica debido ao peso da emigración do noso país: "Son muy de “gallego bruto”, y por “gallego” entiendo “español”, porque es la manera coloquial con la que, durante décadas, argentinos y uruguayos denominaron a los que veníamos de la Península Ibérica".
É máis, o blogueiro ataca a varios medios de comunicación por intentar crear unha polémica en base a unha "manipulación pura y dura". Na súa bitácora culpa disto a ABC, pero no seu Twitter tamén critica o tratamento informativo dado en La Voz de Galicia:
Que dice @lavozdegalicia en su edición impresa que llamé paletos a todos los gallegos y que soy de Guatemala. Periodismo nivel Facebook.
— Jorge (@Improbable) febrero 11, 2015
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.