A maioría das remuneracións que reciben os bolseiros non lles permiten nin cubrir gastos

A maioría de persoas con trinta anos en España entran no mercado laboral con menos de cinco anos de experiencia profesional.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/04/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Comisión Europea publicou un informe en 2022 sobre a calidade das prácticas profesionais en Europa que confirmaba a importancia para os estudantes de iniciar o seu desenvolvemento profesional en empresas. O informe europeo subliña que aproximadamente a metade dos mozos de 15 a 34 anos adquiriron experiencia laboral en polo menos un contrato de prácticas. A análise constata que as prácticas en empresas son comúns entre os universitarios graduados, de maneira que máis dun 60 % deciden dicilo.

Bolseiros
Bolseiros

Tamén destaca que os mozos e mozas que fan prácticas de baixa calidade reciben salarios un 10 % máis baixos durante os primeiros tres anos das súas traxectorias profesionais. Segundo datos da CE publicados en 2017, o 58 % dos bolseiros non percibía remuneración e o 70 % dos que si contaban con ela, declaraban que non era suficiente para cubrir os seus gastos máis básicos. Ademais, sete de cada dez estudantes en prácticas recoñecían ter unha carga laboral equivalente á dos traballadores con contrato.

NOS PAISES CON MÁIS RENDA É MOI COMÚN REALIZAR PRÁCTICAS

O informe tamén expón que as prácticas profesionais son máis frecuentes en países de Europa occidental, como Alemaña ou Francia onde máis dun 70 % dos estudantes, realizan prácticas. Por outra banda, na Europa Oriental, en países como República Checa, Lituania ou Eslovaquia, menos do 8% dos estudantes realizan prácticas de empresas. Os países do sur de Europa, como España, Italia ou Portugal están dentro dunha posición intermedia, un 30 % das persoas enquisadas para o informe europeo participaron en prácticas ao comezo da súa vida laboral.

"Os españois teñen menos anos de experiencia profesional cando chegan aos 30 anos, respecto a outros países europeos, xa que a porcentaxe dos que realizan prácticas é bastante menor", apunta Pilar Moliné, CEO de Becadvisor, unha start-up impulsada coa Universitat Oberta de Catalunya (UOC), a través de Hubbik, que conecta a empresas e estudantes en prácticas. "Comparado con outros países, en España as empresas contratan en menor medida xente nova por non ter suficiente experiencia previa", sinala Moliné.

En España unha persoa chega aos 30 anos cunha media de 4,7 anos traballados segundo o informe Panorama da Educación da OCDE. Pola súa parte, os suízos presentan unha media de 10,4 anos, ou os neerlandeses, 10,3 anos traballados ao chegar aos trinta. Estas cifras reflicten problemáticas do noso país como o paro xuvenil, a pouca produtividade ou os baixos salarios entre os máis novos.

Recentemente, foi aprobado un real decreto-lei que establece que os estudantes en prácticas comezarán a cotizar na Seguridade Social a partir do 1 de outubro deste ano, reciban ou non remuneración. Anteriormente, en 2017, CC. OO. indicaba que o país contaba con 1,5 millóns de estudantes de prácticas e, en 2015, UGT avisaba só 70.000 recibían unha remuneración. No horizonte, o goberno podería aprobar un Estatuto do bolseiro, que debería "axudar a transformar unha realidade moi precaria", remarca Pilar Moliné.

MELLORAR A CALIDADE DAS PRÁCTICAS

Para incentivar a incorporación da mocidade ao mercado laboral, Becadvisor desenvolveu unha plataforma que conecta tanto ao estudantado universitario como ao de FP con empresas que lles proporcionan a posibilidade de realizar prácticas. O obxectivo é ser parte do persoal de empregados tras a finalización do período de aprendizaxe nunha contorna profesional.

"O noso obxectivo é axudar á mocidade para iniciar a súa carreira profesional, mellorando a deteriorada empregabilidade xuvenil. Contamos cunha comunidade de 10.000 estudantes e máis de 300 empresas, traballando da man de todas as universidades e escolas de formación profesional de España", destaca Moliné.

A idea da creación da plataforma xurdiu da experiencia como bolseira da súa fundadora e CEO, Pilar Moliné. "Detectamos a falta dun espazo onde o estudantado puidese intercambiar as súas experiencias e opinións, así como acceder a unha información máis detallada das ofertas de prácticas que se publican nos portais das universidades", afirma a emprendedora.

Os estudantes poden tamén consultar na plataforma opinións reais doutros alumnos en prácticas, compartir as súas experiencias nas empresas e solicitar prácticas profesionais.  éxito do modelo Becadvisor quedou referendado polo peche da súa primeira rolda de investimento de 150.000 euros, para aceleOrar o seu crecemento e expansión por España. "Queremos posicionarnos como referente e formar un sólido equipo de operacións que terá o obxectivo de ampliar o target de empresas ás que nos diriximos, así como aumentar a nosa comunidade de estudantes", apunta a CEO. Becadvisor favorece o obxectivo de desenvolvemento sostible (ODS) número 8 da ONU: Traballo decente e crecemento económico.

UOC R&I

A investigación e innovación (I+i) da UOC contribúe a solucionar os retos aos que se enfrontan as sociedades globais do século XXI. Isto faino mediante o estudo da interacción entre tecnoloxía e as ciencias humanas e sociais, co foco específico na sociedade rede, a aprendizaxe en liña e a saúde dixital.

Os máis de 500 investigadores e investigadoras e os 51 grupos de investigación articúlanse ao redor dos sete estudos da UOC, un programa de investigación en aprendizaxe en liña (e-learning research) e dous centros de investigación: o Internet Interdisciplinary Institute (IN3) e o eHealth Center (eHC). A universidade impulsa, tamén, a innovación na aprendizaxe dixital a través do eLearning Innovation Center (eLinC), e a transferencia de coñecemento e o emprendemento da comunidade UOC coa plataforma Hubbik.

Os obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e o coñecemento aberto son eixos estratéxicos da docencia, a investigación e a innovación da UOC. Máis información: research.uoc.edu.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta