Un coche derruba parte da fachada dunha casa en Santa Comba e deixa a unha muller ferida leve na vivenda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2023 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia



Un coche derrubou parte da fachada dunha vivenda no municipio coruñés de Santa Comba, o que provocou feridos os habitantes da casa.

Segundo informou o 112, o suceso ocorreu á altura do km 6 da AC-404, en Santa Sabiña, pouco antes das 23,30 horas deste sábado. A muller afectada, que se atopaba no interior do inmoble, resultou ferida leve.

O aviso chegou ao 112 a través dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil do municipio, que á súa vez foron alertados por un particular, que lles relataba que un coche chocara contra a fachada da súa vivenda situada no lugar das Travesas, en Santa Sabiña (Santa Comba), derrubándoa parcialmente.

Unha muller, que estaba sentada nunha das estancias que dan ao exterior, foi trasladada ao centro de saúde nun vehículo particular tras resultar ferida na cabeza. Pola súa banda, os ocupantes do vehículo resultaron ilesos.

Un veículo empotrado nun miro
Un veículo empotrado nun miro | Fonte: policía local
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta