A Xunta acusa o Goberno estatal de non abordar a cuestión da AP-9 "con máis rigor, seriedade e transparencia"

Ethel Vázquez demandou ao Executivo de Pedro Sánchez que "escoite e atenda as peticións do Goberno galego en relación á concesión".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, acusou o Goberno central de non abordar a cuestión da concesión da AP-9 "con máis rigor, seriedade e transparencia" e pediulle que "vele polo interese xeral" dos galegos e galegas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. / Carlos Luján / Europa Press
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. / Carlos Luján / Europa Press

Ethel Vázquez pronunciouse deste xeito despois de que esta fin de semana transcendese que o Goberno cingue o "debate" sobre o traspaso da AP-9 a Galicia á proposición de lei que iniciou a súa tramitación parlamentaria no Congreso, de maneira que deixa fóra esta cuestión da vía máis directa, que sería a da comisión mixta Xunta-Estado. Ademais, en resposta a unha pregunta formulada polo PP no Congreso, o Executivo estatal indicou que "non ten previsto actuacións que poidan afectar á relación contractural da concesión actual".

En declaracións difundidas aos medios, a conselleira solicitou ao Executivo de Pedro Sánchez que "escoite e atenda as peticións da Xunta en relación á concesión", así como os informes de organismos independentes que sinalan que os acordos dos últimos anos sobre esta infraestrutura "supuxeron un incremento extraordinario e desmesurado das peaxes".

Segundo indicou, estes organismos independentes apuntan un "enriquecemento inxusto" e que os acordos foron un "negocio redondo para Audasa" pero "ruinoso para os galegos". "Pedimos ao Goberno de España que vele polo interese xeral e revise eses acordos", concluíu a conselleira de Infraestruturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta