O Sergas publica as primeiras listas de contratación de enxeñeiros biomédicos e dietistas-nutricionistas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou este martes as primeiras listas definitivas de admitidos e as puntuacións das súas primeiras listas de contratación temporal de enxeñeiros biomédicos e de dietistas-nutricionistas.

En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou senllas resolucións da directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, polas que se fixeron públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos, así como os baremos.

As listaxes, xunto coas puntuacións dos aspirantes, están publicados na web do Sergas e entrarán en vigor a efectos de chamamento este mércores.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde  (Sergas)
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta