Aumentan os parados de longa duración en Galicia, xa son máis do 30%

Galicia tamé é a zona con máis folguistas do Estado

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/04/2023 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia



O número de parados de moi longa duración (polo menos dous anos en desemprego) situouse nas 36.400 persoas en Galicia, o que supón 3.300 desempregados menos que hai un ano, aínda que a súa proporción sobre o total de parados aumentou 3,8 puntos porcentuais, ata supor o 30,2%.

Así se desprende do Monitor Adecco de Oportunidades e Satisfacción no Emprego, que toma en consideración cinco áreas fundamentais na contorna laboral das persoas como son a remuneración, a seguridade laboral, as oportunidades de emprego e desenvolvemento profesional, a conciliación entre a vida persoal e a profesional e a conflitividade laboral.

Galicia atópase entre as zonas onde a cobertura por desemprego reduciuse no último ano. O recorte, de 4,5 puntos porcentuais, diminúe esta variable ata o 73%. A pesar diso, segue contabilizando unha proporción maior que a media estatal.

En cando á conflitividade laboral, o número de folgas tivo un retroceso interanual dun 19,4%, establecéndose en 12 cada 100.000 empresas, a sexta maior proporción autonómica. Así, é a terceira zona con maior proporción de folguistas, con 29 participantes, sempre cada 100.000 ocupados, un 24,4% menos que o ano pasado.

Oficina de Emprego, onde a xente vai apuntarse ao paro
Oficina de Emprego, onde a xente vai apuntarse ao paro | Fonte: A. Pérez Meca - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta